O grupo de Investigación Sociedade Tecnoloxía e Territorio (GIS-T) forma parte do Instituto Universitario de Estudios e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela. É un grupo interdisciplinar no campo das Ciencias Sociais no que traballan de forma complementaria e coordinada profesionais de diferentes áreas cíentíficas: xeógrafos, economistas, traballadores sociais, sociólogos, arquitectos-urbanistas, psicopedagogos, etc. O seu obxectivo principal é contribuir ó desenvolvemento sostible de Galicia e a súa proxección internacional nos eidos social, económico e territorial na Sociedade da Información.
Novas tecnoloxías e Sociedade
Desenvolvemento rural
Planificación urbana e rexional
Planificación estratéxica
Planeamiento participativo
Marketing territorial
Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA)
Avda. das Ciencias, s/n.
15782 Santiago de Compostela
Tlf: 981 56 31 00 ext. 14440
E-mail:
Especializado na investigacion dos impactos das Tecnoloxías da Información e da Comunicación na sociedade e no territorio. Investigación e asistencia técnica: Elaboración de estudios socioeconómicos, demográficos e urbanísticos a niveis local e comparativo internacional. Proxectos de planificación estratéxica do desenvolvemento local, urbano, rural e rexional. Definición e deseño de políticas e programas de marketing territorial aplicadas a municipios e outras administracións ou institucións e empresas públicas e privadas. Evaluación e definición de políticas públicas de desenvolvemento social, económico e territorial e a súa investigación comparativa a nivel rexional e internacional. Deseño, implementación e aplicación de técnicas de planeamento social participativo en comunidades locais urbanas e rurais.

Docencia e formación de recursos humanos en Xeografía da Sociedade da Información: Elaboración de Unidades Didácticas e impartición de cursos de formación básica en temas de desenvolvemento socio-económico e planificación local, urbana, rural e rexional a nivel de ensinanzas primarias, secundarias e universitarias. Organización e impartición de cursos especializados de formación e cualificación de recursos humanos en teoría e práctica do planeamento urbano, rural e rexional dirixido a funcionarios públicos, profesionais do planeamento e estudiantes universitarios pregraduados e postgraduados. Organización e impartición de cursos especializados de formación e cualificación de recursos humanos en planificación estratéxica e marketing territorial dirixido a funcionarios públicos, profesionais do planeamento e estudiantes universitarios pregraduados e postgraduados. As actividades de formación de recursos humanos ofrécense en opción presencial e non presencial a través das tecnoloxías interactivas da comunicación (Web Course Tools)

Introduce o texto a buscar: