Estudios Irlandeses
¿Por que Irlanda ten a demografía máis dinámica da Unión Europea?
Publicada en 04/05/16

O profesor Patrick 0´Flanagan da University College Cork na conferencia impartida na USC o pasado 14 de marzo de 2016 estableceu unha relación directa entre economía, mercado de traballo e dinámica demográfica en Irlanda. Deixou constancia de que a poboación irlandesa é xoven e a súa economía é capaz de xerar a maior renda por habitante da Unión Europea cos 41.000 euros per cápita frente aos 20.000 de Galicia. Presentou as políticas de desenvolvemento rexional dun organismo público especializado no tema chamado "IDA" (Industrial Development Authority) que dende o 1958 xestiona 50 oficinas distribuidas por diversos países co fin de promover os investimentos e as actividades comerciais con Irlanda; amais de ser responsable da planificación do desenvolvemento económico e estratéxico. A fecundidade de 2 fillos por muller é a maior de Europa e as taxas de desemprego están arredor do 8% e todo isto a pesares da crise económica experimentada dende o 2009.


Destacou que Irlanda é un país cunha grande diversidade étnica onde o 11% da súa poboación procede de diversos países e culturas e ten sido tradicionalmente un país de acollida así como de emigración. Galicia se sitúa no extremo oposto pois somente o 3% da súa poboación actual é inmigrante, está a perder habitantes de forma contínua e o seu marcado de traballo non é quen de frear o éxodo dos xóvenes cara o exterior.


Para saber máis:


Descargar presentación conferencia


Podes contactar directamente co Prof. Patrick O'Flanagan no e-correo:


p.oflanagan@ucc.ie


 

Abrir > Presentación Patrick O'Flanagan
Non hai vídeos
Non hai sons
6
¿Por que Irlanda ten a demografía máis dinámica da Unión Europea?  ir >
Por que non estudiar ou investigar en Irlanda? Coñeces o que te ofrece a USC?  ir >
Comparación uso das TIC na USC, na UMinho-Portugal e na University College Cork-Irlanda  ir >
A Ordenación do Territorio en Galicia e Irlanda. Orde ou desorde?  ir >
Xeografía Humana de Galicia e Irlanda. Comparamos?  ir >
Convidámoste ao Seminario Estudiar e Investigar en Irlanda  ir >
1
Introduce o texto a buscar: