Investigación
Impulsamos investigación sobre Teléfonos Móbiles e Inclusión Social coa University of California. Berkeley
Publicada en 12/10/16

En colaboración coa School of Social Welfare da University of California. Berkeley (UCBerkeley) e baixo a dirección da Dra. Yolanda García do Gist. Idega está en marcha a investigación experimental sobre o uso dos teléfonos móbiles como instrumentos de inclusión social de mulleres desempregadas de longa duración. A Dra. Yolanda García coordina un grupo interdisciplinar no que participan xeógrafos, enxeñeiros informáticos, traballadores sociais e psicólogos. A súa investigación é apoiada polos profesores A. Aguilera da UCBerkeley, C. Ferrás da USC e A. Rocha da Universidade de Coimbra-Portugal.


A dita investigación foi aprobada polos Comités de Bioética das Universidades de California. Berkeley e Santiago de Compostela. Está en marcha coa participación da Xunta de Galicia, Consellería de Traballo e Benestar Social e os equipos de servizos sociais dos Concellos de Brión, Ames, Teo, Rois, Santa Comba, Ordes, Cerceda e Padrón. 


Entre os obxectivos da investigación destacan os seguintes: (1) Levar a cabo un estudio empírico cun grupo de mulleres vulnerables en Galicia (2) Desenvolver a metodoloxía e tecnoloxía aplicada na Bahía de San Francisco nos Estados Unidos en Galicia con grupos de mulleres vulnerables (Texting Terapia Social) (3) Abrir unha reflexión sobre as avantaxas e limitacións dos teléfonos móbiles para as terapias psicosociais (4) Introducir unha discusión sobre cales son as orientacións e preguntas que deben formularse as investigacións futuras neste campo dos teléfonos móbiles e a inclusión social.


Para saber máis:


Yolanda García e-correo: yolanda.garcia@berkeley.edu


Ver Artigo en: Journal Medical Systems

Non hai mais activos
Non hai vídeos
Non hai sons
51
Impulsamos investigación sobre Teléfonos Móbiles e Inclusión Social coa...  ir >
¿Existe Planificación Estratégica en Santiago de Compostela? ¿Caso de...  ir >
Coñeces o Mapa de Acceso a Internet na montaña galega. ¿Internet e Despoboamento?  ir >
Anímate a presentar a tua Tese de Doutoramento, Máster ou Grao ao Premio García Calvo...  ir >
As terapias sociais a través de teléfonos móbiles en mulleres vulnerables con...  ir >
A gobernanza local na cidade de Bahía-Brasil centra a investigacion posdoctoral de Mariña Pose  ir >
España perderá un millón de habitantes en los próximos 15 años....  ir >
Mapa del Despoblamiento en las montañas de Galicia 2003-2013  ir >
¿Por qué los españoles emigran de nuevo a Uruguay?  ir >
Santiago de Compostela es una Ciudad Espectáculo. La hipótesis se convierte en Tesis  ir >
1 2 3 4 5 6
Introduce o texto a buscar: