Investigación
TIC Audit: O deseño dun producto tecnolóxico para medir a presencia das TIC nun territorio
Publicada en 13/09/08

O proxecto SINDUR (Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional) ten como finalidade estudiar os efectos e impactos da Sociedade da Información sobre o desenvolvemento urbano en rexións periféricas, co fin de valora-la calidade de vida e promove-la difusión das Tecnoloxías da Información e da Comunicación como ferramentas de intervención social para facer fronte ó fenómeno de exclusión socio-territorial coñecido como Fenda Dixital. Trátase de investigar dende un punto de vista social as comunidades e territorios desenganchados (apagados) na Sociedade da Información.


Dende o punto de vista metodolóxico o proxecto SINDUR desenvólvese a partir de catro unidades temáticas denominadas Módulos de Investigación, conformando productos tecnolóxicos de gran utilidade: TIC Audit, Information Web Audit, E-Inclusión e Info-Atlas. Todas as unidades de investigación conxugan un enfoque interdisciplinar de análise no cal participan especialistas de varias áreas de coñecemento e disciplinas científicas.


A unidade de investigación TIC Audit conformou un producto tecnolóxico moi interesante que ten por obxecto valora-la presencia e o uso das tecnoloxías da información e a comunicación en espacios concretos. Esta análise interésase tanto polas tecnoloxías clásicas, como radio e televisión, como polas tecnoloxías actuais asociadas á Sociedade da Información.


A conformación deste producto tecnolóxico iniciouse coa revisión de múltiples antecedentes, relacionados sobre todo con informes estatísticos interesados en coñece-la presencia das Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación sobre o territorio. Como resultado, deseñamos unha ferramenta técnica para recoller información e, posteriormente, tratala estatisticamente con software avanzado.


Todo o proceso estivo marcado polo noso interese inicial en desenvolver unha ferramenta eficaz de medición e valoración das tecnoloxías da información e a comunicación nun territorio calquera, é dicir, un modelo de Auditoría TIC exportable e con vocación para ser aplicado en realidades espaciais distintas. Como grupo de investigación universitario entendíamos a necesidade de crear productos tecnolóxicos transferibles á sociedade, evitando a investigación pechada e exclusiva en espacios moi definidos.


A Auditoría TIC analiza cuestións relacionadas coa tenencia do ordenador e a conectividade a Internet nos fogares, os principais usos e aplicacións que realizan os usuarios no fogar e fora do mesmo, a extensión da telefonía entre a poboación, a entrada e participación dos usuarios en páxinas Web que actúan como referencias locais en Internet, etc. Os datos recollidos aclaran a relación dunha comunidade concreta coas Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación e constitúen unha ferramenta decisiva para aplicar políticas ou programas de alfabetización dixital, contemplar novas inversións, etc.


Para coñecer máis en profundidade esta ferramenta tecnolóxica, aconsellamos consultar unha presentación en Power Point e unha serie de comunicacións e artigos elaborados polo Grupo de Investigación Sociedade, Tecnoloxía e Territorio.

Abrir > Presentación Aditoría TIC
Abrir > ¿Desenvolvemento da sociedade da información en Galicia?
Abrir > Aproximación á metodoloxía aplicada no marco do proxecto SINDUR: Unidades de traballo
Abrir > A Sociedade de Informação em Portugal. A evolução da presença das freguesias açorianas na WWW entre 1999 e 2005
Abrir > The Information Society in Germany: A case study of the ‚dortmund-project’ in Dortmund, Germany.
Non hai vídeos
Non hai sons
51
Impulsamos investigación sobre Teléfonos Móbiles e Inclusión Social coa...  ir >
¿Existe Planificación Estratégica en Santiago de Compostela? ¿Caso de...  ir >
Coñeces o Mapa de Acceso a Internet na montaña galega. ¿Internet e Despoboamento?  ir >
Anímate a presentar a tua Tese de Doutoramento, Máster ou Grao ao Premio García Calvo...  ir >
As terapias sociais a través de teléfonos móbiles en mulleres vulnerables con...  ir >
A gobernanza local na cidade de Bahía-Brasil centra a investigacion posdoctoral de Mariña Pose  ir >
España perderá un millón de habitantes en los próximos 15 años....  ir >
Mapa del Despoblamiento en las montañas de Galicia 2003-2013  ir >
¿Por qué los españoles emigran de nuevo a Uruguay?  ir >
Santiago de Compostela es una Ciudad Espectáculo. La hipótesis se convierte en Tesis  ir >
1 2 3 4 5 6
Introduce o texto a buscar: